A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria realizará mañá unha visita institucional ao campus de Ferrol

Actualizado: lunes, 13 marzo 2006 19:48

A CORUÑA, 13 Mar. (EUROPA PRESS) -

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, visitará mañá o campus de Ferrol, onde será recibida ás 12.00 horas polo reitor da Universidade da Coruña, José María Barja; o vicerreitor de Ferrol e de Relación Universidade-Empresa, Luis Barral, e a vicerreitora de Investigación, Concepción Herrero.

A visita institucional, primeira que realiza a un campus do Sistema Universitario Galego, enmárcase dentro dunha rolda de contactos que proseguirá en vindeiras datas no resto das instalaciones universitarias galegas.

A axenda da visita inclúe un encontro cos directores dos centros universitarios ferroláns e dos departamentos, así como o desprazamento, ás 13.00 horas, ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas e ao Edificio de Apoio ao Estudantes. Pola tarde, ás 16.30, achegarase á Escola Universitaria Politécnica, en Serantes.