O Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación Carlos Casares colaborarán na organización de actividades de formación

Actualizado: martes, 11 julio 2006 21:28

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación Carlos Casares materializarán mañá un convenio de colaboración para a realización de actividades relacionadas co sector audiovisual en Galicia e que incluirá unhas xornadas sobre cine e lingua galega na que participarán persoas vencelladas ao mundo audiovisual e ao eido da defensa da lingua galega.

O convenio establece que a Fundación Carlos Casares programe a realización dun curso de verán sobre medios audiovisuais e unhas xornadas sobre lingua galega e cine. O curso desenvolvase no concello de Celanova baixo o título 'Documental: imaxinar a realidade'.

Ademais, e con motivo deste evento tamén se realizarán proxeccións públicas na Praza Maior de Celanova, coa finalidade de xerar un interese social pola actividade audiovisual. Por outra banda, tamén se levará a cabo unha xornada sobre lingua galega e cine na área de influencia de Vigo na que participarán poñentes nacionais e internacionais para compartir as súas experiencias profesionais.

O Consorcio Audiovisual de Galicia encargarase de apoiar as actividades realizadas pola fundación a través da súa planificación e promoción, cun orzamento previsto de 21.000 euros, co que o consorcio se compromete a promover a máxima difusión destas actividades a través dos medios dos que dispón.