A CRTVG abre a posibilidade de acordar con outras CC AA a emisión e ampliación de programación a territorios limítrofes

Actualizado: miércoles, 28 junio 2006 21:33

Rexeita as acusacións do PP relativas á baixada de audiencias e desminte que ocultase 22 actos dos populares

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Jun. (EUROPA PRESS) -

O director xeral da Compañía de Radio Televisión Galega (CRTVG), Benigno Sánchez, apuntou hoxe na comisión de control deste ente no Parlamento que "non existe a posibilidade legal de ampliar as emisións fóra de Galicia", pero que se podría establecer un acordo de colaboración con outras comunicades autónomas para emitir algún territorio doutra.

Deste xeito, Sánchez respostou á petición formulada polo deputado do grupo parlamentar do BNG Bieito Lobeira, quen reclamou que a CRTVG inclúa na súa grella de programación contidos vencellados ás comarcas limítrofes con Galicia que empregan o galego.

Neste sentido, Lobeira recordou que o plano de Normalización Lingüístico recolle o papel que deben xogar os medios de comunicación a prol de determinadas zonas galegofalantes que non reciben o sinal e que xa o solicitaron de forma pública.

Así, o parlamentar nacionalista puxo como exemplos os territorios de Cantabria nos que se recibe o sinal da ETB ou os de Galicia nos que se accede a canles portuguesas "sen negún risco de invasión por parte de Euskadi ou Portugal", segundo puntualizou en resposta ás acusacións do PP, que asegurou que este tipo de iniciativas "agochaban intencións anexionistas".

Por outra banda, o director xeral da CRTVG negou "de forma taxativa" que as escaletas do telexornal as elaboren deputados ou membros do Goberno bipartito e afirmou que están feitas por mebros porfesionais do ente, en reposta a unha pregunta formulada polo PP.

En referencia ás acusacións do PP relativa á baixada de audiencias da compañía de comunicación galega, Sánchez sinalou a importante fragmentación do mercado televisivo producida nos últimos meses coa aparición de dúas canles e co fenómeno do Mundial de Fútbol.

Asemade, o director xeral da CRTVG desmentiu que se ocultase información de 22 actos do Partido Popular e argumentou que "cada día chegan cincocentas previsións á televisión e á radio" e que "non se poden cubrir todos os actos", nin os do PSdeG, nin os do BNG, por unha "pura cuestión" de medios.