Cultura destinará 150.000 euros para apoiar a redacción de 14 guións audiovisuais

Actualizado: lunes, 26 junio 2006 23:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Cultura distribuirá un total de 150.000 euros para apoiar a un total de 14 proxectos de guión no marco das axudas para a redacción de guións en lingua galega para proxectos audiovisuais.

Deste xeito, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo resolveu a convocatoria de axudas publicada o día 4 de abril e á que se presentaron 120 proxectos.

O tribunal estivo formado pola escritora, dialoguista e guionista de curtametraxes e series de TV Puri Seixido Gomez; polo novelista, articulista, critico de cine, teatro e artes plásticas, Camilo Franco; e polo director de programas de TVG e crítico cinematográfico, Eduardo Galán, director de. Como presidente figurou o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará Torres.