A Deputación de A Coruña organiza viaxes para rapaces da provincia á estación de esquí de Candanchú (Huesca)

Actualizado: sábado, 7 enero 2006 19:54

A CORUÑA, 7 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Deputación de A Coruña organizará, entre o 21 de xaneiro e o 25 de marzo, varias viaxes para nenos da provincia á estación invernal de esquí en Candanchú (Huesca) co fin de fomentar a práctica deste deporte de neve entre os rapaces de 10 a 13 anos da provincia coruñesa.

As viaxes desenvolveranse en oito quendas, de sete días de duración cada unha, distribuidas do seguinte xeito: 1ª quenda do 21 ao 28 de xaneiro; 2ª quenda do 4 ao 11 de febreiro; 3ª quenda do 11 ao 18 de febreiro; 4ª quenda do 18 ao 25 de febreiro; 5ª quenda do 25 de febreiro ao 4 de marzo; 6ª quenda do 4 ao 11 de marzo; 7ª quenda do 11 ao 18 de marzo; 8ª quenda do 18 ao 25 de marzo.

A Deputación de A Coruña pretende con esta campaña que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de participar en diversas actividades relacionadas coa práctica do esquí, entre elas un curso de 10 horas de duración impartido por monitores titulados.

Os participantes aloxaranse nun hotel de 3 estrelas en Jaca, a 28 kilómetros da estación de Candanchú, que conta con 5 circuitos de fondo, 58 kilómetros de pista, 129 cañóns de neve artificial e 95 profesores titulados.

A inscripción pode formalizarse nos concellos ata o 13 de xaneiro para a 1ª quenda, na que participarán rapaces de Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. Os demáis concellos irán nos seguintes turnos. A última corresponderá aos de Corcubión, Muxía, Cee, Fisterra,Dumbría, Mazaricos, Negreira, Brión, Rois, A Raña y Ames.

Os interesados en participar deberán presentar no seu concello a ficha de solicitude asinada polos pais ou titor do solicitante, unha foto de carné, fotocopia do libro de familia e do documento de asistencia sanitaria e unha copia do abono da cota de inscripción, que é de 85 euros.