A Deputación da Coruña anuncia novas actuacións no Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte

Actualizado: lunes, 24 abril 2006 21:20

A CORUÑA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

A Deputación da Coruña acometerá novas actuacións, que suman 1,2 millóns de euros, dentro do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte, trala xuntanza celebrada hoxe pola comisión de seguimento do citado plan.

Así o anunciou o deputado provincial do BNG Pablo Villamar, responsable da área de Promoción Económica, Emprego e Turismo da Deputación de A Coruña e que preside a comisión.

Na xuntanza, se abordaron os proxectos correspondentes á cuarta anualidade deste plan, no que participan Deputación, Xunta e Administración central e que pretende revitalizar e potenciar a actividade turística nos 17 concellos que abrangue.

Entre os novos proxectos, está a rehabilitación da Rectoral de O Couto, en Ponteceso, para dedicar ese espazo á figura e á obra de Eduardo Pondal. En Carballo, está prevista a rehabilitación do Museo de Bergantiños, para dedicar os espazos interiores a Oficina de Turismo.

En lugares de especial interese, se aprobou o acondicionamento de entornos de interese natural e turístico en Caldeiras do Castro e Fonte da Tella, en Muxía, mentras que en Corcubión realizarase un proxecto de creación de rutas polo casco histórico da localidade.

OUTRAS ACTUACIONS

Ademais, como consecuencia dos traballos acometidos na terceira anualidade, en Carnota, construirase o edificio chamado Domus Atlántica, que será un centro de exposicións e investigación da cultura popular da comarca. Ao mesmo tempo servirá para mostrar e preservar a flora e a fauna dos ecosistemas costeiros do territorio.

A comisión aprobou tamén a rehabilitación da Casa do Pendón, en Cabana de Bergantiños, que será utilizada como recepción e información das posibilidades turísticas do entorno. En Camariñas, remataranse os traballos para poñer en funcionamento o complexo de casetas turísticas "Aldea de madeira" coa finalidade de aloxamento e vacacións.

Tamén nos 17 concellos nos que se desenvolve o Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte, ampliarase a sinalización do territorio, segundo outro dos acordos tratados na xuntanza.