A Deputación de Ourense convoca o premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, dotado con 8.000 euros

Actualizado: miércoles, 25 enero 2006 18:32

OURENSE, 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Deputación de Ourense vén de convocar a edición deste ano do premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que está dotado con 5.000 euros para o traballo xornalístico máis destacado y con 3.000 euros para o segundo posto.

Os traballos que poden optar a este galardón poden ser gráficos, escritos ou audiovisuais, sempre e cando foran publicados en medios de comunicación galegos ou referidos a Galicia, durante o ano pasado.

Poderán concurrir a este premio tódolos profesionais ou colaboradores habituais que exerzan o seu labor en medios de comunicación escritos ou audiovisuais, en calquera das súas modalidades.

O prazo de recepción de propostas e presentación de traballos precharase o 1 de marzo de 2006 e o premio será entregado o día 3 de maio, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Liberdade de Prensa.