Directores e realizadores galegos presentan o martes un catálogo audiovisual e interactivo do sector

Actualizado: sábado, 11 marzo 2006 20:28

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA) presenta o vindeiro martes no Centro MANS da Coruña o DVD 'CREA 2006', un catálogo audiovisual e interactivo no que aparecen a maioría de directores-realizadores de Galicia -43 dos 45 asociados-.

Nun comunicado, esta asociación sinalou que este DVD ofrece información completa sobre as traxectorias destes 43 realizadores e directores galegos: biografía, filmografía, formación, premios e recoñecementos. Ademáis, posúe máis de dúas horas de video con fragmentos das súas obras máis representativas e material gráfico con fotos de rodaxes, fotogramas e carteis.

Este DVD, que servirá tamén para a presentación en sociedade da Asociación, ten como obxectivo informar, divulgar e promocionar públicamente o sector audiovisual -directores e realizadore- do país.