O disco 'Cantos na maré' recolle as voces dos artistas galegos e lusófonos que actuaron nun espectáculo en Pontevedra

Actualizado: jueves, 5 enero 2006 18:18

O CD venderase a través do portal de Vieiros e os beneficios adicaranse a un proxecto para nenos desfavorecidos do Brasil

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Ene. (EUROPA PRESS) -

Un CD recolle as voces dos artistas galegos e lusófonos que actuaron en 'Cantos na Maré', un espectáculo celebrado no verán de 2003 na cidade de Pontevedra. Os beneficios deste disco, que sae á rúa de mans de Nordesía e poderá adquirirse a través do portal de Vieiros, destinaranse a un proxecto para nenos desfavorecidos do Brasil.

Santiago de Compostela acolleu hoxe a presentación desta nova proposta discográfica na que se recolle a música en directo de Chico César, Uxía, Filipa Pais, Manecas Costa, Astra Harris, Xabier Díaz e Jon Luz.

A edición do CD que recolle o espectáculo Cantos na Maré, desenvolvido na noite de verán do 16 de agosto de 2003, é "un soño que converteu en realidade neste nadal". Nesa noite de verán a pontevedresa Praza da Ferrería acolleu as voces de diferentes artistas que teñen a lusofonía como denominador común: Chico César, de Brasil; Uxía, de Galicia; Filipa Pais, de Portugal; Manecas Costa, de Guinne-Bissau; Astra Harris, de Moçambique; Xabier Díaz, de Galicia; e Jon Luz, de Cabo Verde.

MUSICA EN GALEGO-PORTUGUÉS

Estos artístas fixeron do seu concerto "unha festa da música en galego-portugués, unha celebración do mar como elemento de unión e unha cita para ritmos cálidos e festivos". Agora, cando se ven de celebrar a terceira edición do espectáculo, publícase o CD Cantos da Maré que recolle os sons daquel primeiro concerto da praza da Ferrería.

Os beneficios desta edición irán destinados ao Instituto Cultural Casa de Berad'ro, Catolé do Rocha, Estado da Paraíba, Brasil, para o desenvolvemento humano e estímulo cultural dos pequenos e pequenas desfavorecidos. Esta institución está promovida por Chico César, autor de éxitos mundiais como Mama África e que exerceu de director musical no espectáculo Cantos da Maré.

O disco, que recolle 16 cancións gravadas en directo, está producido por Nordesía baixo a dirección de Uxía Senlle, e ve a luz nun digipack especial (12x18 e libreto de 28 páxinas) cunha arte final realizada polo deseñador e ilustrador Fausto Isorna.

Esta primeira edición especial que so poderá adquirirse a través da rede de Vieiros (www.vieiros.com) a un prezo de 15 euros, ainda que os promotores están a estudar outros posibles puntos de venda.