Educación destina preto de dous millóns de euros a reformas e acondicionamento de cinco centros

Actualizado: jueves, 24 agosto 2006 14:19

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adxudicou cinco obras de reforma e acondicionamento en centros educativos das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra, nas que inviste un total de 1.912.996 euros, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG).

A obra de construción da cuberta e da remodelación da fachada do Instituto de Ensinanza Secundaria (IES) Concepción Arenal de Ferrol adxudicouse á empresa Construcciones Ramírez S. L. Nesta actuación a Consellería de Educación inviste 516.320 euros.

A empresa Decoración, Instalaciones y Construcciones S. A., será a encargada da realización das obras de ampliación e substitución da cuberta do IES A Piringalla, de Lugo, cunha achega de 520.000 euros.

Tamén en Lugo, a Administración educativa procederá á substitución da cuberta do IES Ánxel Fole. A adxudicataria é a empresa Técnicos Unidos para la construcción S. A., e o investimento ascende a 247.018,33 euros.

A empresa Decoración, Instalaciones y Construcciones S. A. realizará, pola súa banda, a obra de construción de novas cubertas no IES Ricardo de Mella, en Vigo, para a que dispón de 300.000 euros.

Asemade, Educación adxudicou as obras de reforma e acondicionamento do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Virxe do Carme de Sober, en Lugo, á empresa Construcciones Ortega S. L.. Esta actuación conta cun investimento que ascende a 329.658,37 euros.