O escritor Santiago Jaureguizar "libera" un exemplar da súa novela 'Cabaret Voltaire' en Mondoñedo

Actualizado: domingo, 12 marzo 2006 17:41

PONTEVEDRA 12, (EUROPA PRESS)

O escritor e xornalista Santiago Jaureguizar "liberou" un exemplar da súa novela 'Cabaret Voltaire' na Praza da Catedral de Mondoñedo, a carón da estatua adicada a Álvaro Cunqueiro. A iniciativa de Jaureguizar pretende contribuir ao 'bookcrossing', un fenómeno que consiste en abandonar libros en espazos públicos para que outros lectores accedan a eles e que xa conta con grupos organizados en Ourense, Santiago e Vigo.

Jaureguizar realizará a través do seu 'blog' un seguemento do destino que teña o seu libro e recollerá nel comentarios dos internautas. A obra 'Cabaret Voltaire' foi galardoada co Premio García Barros 2005 e estibo nominada ao Premio Arcebispo San Clemente 2006.

Santiago Jaureguizar é autor de contos para público xuvenil e novelas como 'Breve crónica universal da clase obreira galega', coa que obtivo o Premio Lueiro Rey 2001, ou 'Casa Skylab', distinguida do Premio Xerais 2003. En 'Cabaret Voltaire', ambientada en Ribadeo nos anos 30, Jaureguizar fai unha parodia das novelas de espionaxe e reflexiona sobre o concepto de identidade, segundo explica o autor na súa página web.