A escritora Espido Freire imparte en febreiro un taller intensivo de novela no Forum Metropolitano da Coruña

Actualizado: miércoles, 11 enero 2006 19:29

PONTEVEDRA 11, (EUROPA PRESS)

A escritora Espido Freire impartirá un taller intensivo de novela no Forum Metropolitano da Coruña, organizado polo Taller de Escritura "4 Cuentos", en colaboración co Concello da Coruña e o propio Forum.

O programa deste taller, con capacidade para vinte persoas, celebrarase do 3 ao 5 de febreiro, tratará aspectos básicos como a orixe dunha historia, o procedemento mediante o cal se lles dá forma ás ideas, o xeito de personalizar e transmitir as historias, a creación "dun mundo propio" ou a psicoloxía dos personaxes.

O Taller de Escritura "4 Cuentos" programou para este mes de xaneiro outras actividades no marco do II Curso sobre creación literaria e edición que se celebra nas instalacións de Ámbito Cultual de El Corte Inglés. Así, o vindeiro día 11 tratarase sobre libros de arte coa participación do concelleiro de Cultura Carlos González e mailo representante de Xuntanza Editorial, José Seoane.

O ciclo rematará coa intervención do director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes, o vindeiro día 18, e unha tertulia sobre literatura infantil e xuvenil con representantes das editoriais Kalandraka e Faktoría K de Libros.