O Espazo de Danza da USC reanuda mañá en Santiago o seu programa cunha improvisación na rúa no Campus Sur

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Espazo de Danza da Universidade de Santiago (USC) porá en marcha hoxe na rúa a primeira intervención deste ano enmarcada no seu programa de improvisación 'Xa que pasas', iniciativa que pretende sorprender en distintos espazos do campus aos estudantes que, de xeito fortuito, se atopen nese lugar.

Nesta ocasión, hoxe, ás 23.00 horas, os integrantes do grupo de danza universitario representarán unha improvisación no espazo existente entre o calexón de Dereito e a Biblioteca Concepción Arenal do Campus Sur de Santiago. Con esta iniciativa preténdese achegar a danza aos universitarios no propio espazo onde desenvolven o seu quefacer cotiá como son as facultades e escolas. Procúrase así a democratización do baile dentro da escena universitaria, meta que o Espazo de Danza da USC, que dirixe o lugués Juan Carlos Zahera, promove ao longo do ano nos seus cursos.

Dende a súa creación en 1997, o Espazo de Danza da USC avanza no seu desexo de converterse nun laboratorio de experiencias contemporáneas, para o que traballa con todos os integrantes da comunidade universitaria. No caso do Campus de Lugo tamén estende esta vocación a nenos maiores de cinco anos.