A exposición 'Nazón de Breogán' supera nun mes as 10.000 visitas antes de comezar o seu percorrido por toda Galicia

Actualizado: miércoles, 2 agosto 2006 19:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Ago. (EUROPA PRESS) -

A exposición 'Nazón de Breogán' superou as 10.000 visitas dende que o pasado 28 de xuño se inaugurara na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela, e antes de que comece, o vindeiro 10 de setembro, o seu percorrido por varios concellos de toda a xeografía galega.

Nun comunicado, a Vicepresidencia suliñou que esta mostra comezará a súa itinerancia polas grandes cidades galegas, onde amosará o seu viaxe pola historia de Galicia coincidindo coa conmemoración do Estatuto de 1936.

A exposición trasladarase ó Museo de Belas Artes da Coruña en outubro e novembro, ó centro cultural da Deputación de Ourense en decembro para trasladarse en xaneiro e febreiro a Vigo e en marzo a Pontevedra. 'Nazón de Breogán' pechará o seu traxecto en xuño de 2007 coas visitas a Lugo e Ferrol.

Ademáis, a Vicepresidencia da Xunta porá en marcha dende hoxe unha segunda versión da mostra, de menor tamaño, que se exporá en vilas galegas máis pequenas. A nova versión da mostra comeza hoxe no Museo Histórico de Sargadelos, en Cervo (Lugo), onde permanecerá ata o 24 de agosto.

Vicepresidencia recibiu xa solicitudes de 40 concellos galegos para acoller a mostra nos próximos meses, polo que se estima que 'Nazón de Breogán' pasará por todas as vilas galegas durante 2007 e 2008. Ata o vindeiro mes de abril de 2007, a exposición pasará polos de concellos de Cercido, Arzúa, Chantada, Cabana de Bergantiños, Triacastela, Meira ou Vilagarcía entre outros.