15 de septiembre de 2019
  • Sábado, 14 de Septiembre
  • 23 de marzo de 2014

    Falece un motorista en Vigo ao perder o control e impactar contra a entrada dun colexio

    VIGO, 23 Mar. (EUROPA PRESS) -

    Un motorista de 55 anos faleceu na madrugada deste domingo en Vigo tras perder o control do seu vehículo en impactar contra o portalón de entrada do Colexio Hermanas Carmelitas, na rúa Pi y Maragall.

    Diso informou a Europa Press a Policía Local de Vigo, que explicou que o home faleceu no acto tras o impacto, antes da chegada dos servizos de emerxencias e sanitarios.

    Este accidente tivo lugar ás 4.39 horas deste domingo, e o falecido, J.J.C.V., perdeu o control da súa motocicleta, o que levou a subirse á beirarrúa, á altura do número 58 da rúa, e chocar contra o centro educativo.