A FEG denuncia que tres minicentrais sobre o Río Xallas ameazan a conservación da Devesa de Anllares

Actualizado: jueves, 13 julio 2006 21:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) pide á Consellería de Medio Ambiente que se retiren os tres novos proxectos de aproveitamento no Río Xallas solicitados pola empresa Ferroatlántica, publicados no DOG o 22 de maio para exposición pública, porque ameazan a conservación da Devesa de Anllares.

A organización ecoloxista lamenta que no caso de concederse, ademais de verse afectada a devandita carballeira, estragaríase definitivamente toda a bacia do Río Xallas, precisamente aproveitando os treitos mellor conservados do cauce.

A FEG considera inadmisible que despois da recente aprobación no Parlamento galego da Iniciativa Lexislativa Popular dos Rïos, e incluso de xeito tan inmediato, se poida prever por parte de Augas de Galicia a posibilidade de tramitación do aproveitamento integral do Río Xallas, proyecto que se remonta ó ano 2000.