O gravador galego Xabier Sousa obtén o primeiro premio da VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Actualizado: sábado, 18 marzo 2006 18:11

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Mar. (EUROPA PRESS) -

O gravador galego Xabier Sousa foi o gañador do primeiro premio da VII Bienal de Pintura do Exio Atlántico, ao que concurriron 102 obras creadas por artistas naturais ou residentes en Galicia e o Norte de Portugal.

O xurado reuníuse onte e acordou así que De Sousa obtivera os 3.000 euros do primeiro premio pola súa obra 'Visións'. Pola súa banda, o segundo premio de autor galego, dotado con 1.500 euros, foi para a obra 'A vella mina dos alemáns', de Xosé Luis Otero.

Asimesmo, o segundo premio de autor portugues recaíu na peza 'Norte/Sul', da que é autor Francisco da Rocha, que tamén percibirá 1.500 euros. Por outra banda, fixéronse dúas mencións honoríficas, unha para a obra 'Mosca', do galego Pablo Giráldez, e outra para 'Partículas da vida', de Nuno Miguel Estevinho.

Non obstante, os premios aos novos talentos galego e portugués foron declarados desertos, dada a escasa participación. Por iso, o xurado propuxo á organización que na vindeira edición divida esta modalidade en dous grupos de idade para nenos de 11 a 14 anos e outra para 14 a 18 anos.

Finalmente, foron escollidas un total de 36 obras das presentadas que formarán parte dunha exposición itinerante que percorrerá as 18 cidades que integran a eurorrexión do Eixo Atlántico a partires do vindeiro mes de abril.