Helena Soto conduce o magacine 'Un día por diante' e Isabel Vázquez o informativo 'Galicia primeira hora'

Actualizado: lunes, 27 marzo 2006 19:14

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Mar. (EUROPA PRESS) -

Helena Soto, que foi a presentadora do magazine da TVG 'A Revista' e que anteriormente participou en moitos programas na canle autonómica, conduce dende hoxe na Radio Galega o magazine da emisora autonómica 'Un día por diante', que se emite de luns a venres desde as 09.30 ata ás 14.00 horas.

Segundo informou hoxe a Radio Galega, 'Un día por diante' continúa ofrecendo un encontro diario coa actualidade e o entretemento sen esquecer a opinión e o humor. O equipo e os colaboradores do espazo ofrecerán a súa experiencia e coñecementos para as distintas seccións do programa. Deste xeito, nomes tan coñecidos como Arsenio Iglesias, Suso de Toro, o actor Nancho Novo e os humoristas Mofa e Befa acompañarán aos oíntes da Radio Galega ao longo de catro horas e media de programa.

Helena Soto ata tomar o relevo á fronte do magazine radiofónico, formaba do equipo dun dos programas máis veteranos da Radio Galega, 'O diario cultural', que se emite de luns a venres.

Outro dos cambios que tamén se produciu esta semana na Radio Galega é no informativo 'Galicia primeira hora', conducido tamén desde hoxe por Isabel Vázquez. Este é o primeiro informativo da mañá da emisora autonómica e pretende ser a referencia de todos os galegos para que teñan unha visión completa da actualidade do xornada.