O Igaem destina 1,5 millóns de euros á convocatoria de axudas ao sector escénico e musical para este ano

Actualizado: viernes, 28 abril 2006 21:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Abr. (EUROPA PRESS) -

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem) fixo pública hoxe, a través do Diario Oficialde Galicia (DOG), a súa convocatoria de axudas para o sector escénico e musical galego para 2006, dotada cunha partida que supera os 1,5 millóns de euros.

Este programa de subvencións distribúese en seis liñas diferentes de apoio económico, tres delas de nova creación, que buscan fomentar o sector para constituir unha industria galega do teatro, a música e a danza innovadora e competitiva.

Así, ás axudas destinadas á produción de montaxes teatrais e coreográficas (785.000 euros), á distribución de espectáculos de teatro, danza e música (240.000 euros), e á programaciónde salas privadas de teatro e artes escénicas (95.000 euros), súmanse este ano as modalidades dirixidas á dotación e investimentos nos espazos da Rede Galega de Teatros e Auditorios (120.000 euros), á actividade asociativa, universitaria e non profesional (220.000 euros), e ao estudo e á investigación (60.000).

Ademais, o orzamento total supón un aumento inversor que, no caso da produción e adistribución, supera o 50% respecto da contía total adxudicada en 2005 (673.000 euros frontea 1.025.000 euros en 2006). Neste mesmo apartado, faise fincapé no fomento da danza e da música a través da inclusión, tamén por vez primeira, dunha categoría específica para a produción de montaxes coreográficas e para a distribución de espectáculos musicais.

Os prazos para a presentación das solicitudes finaliza o vindeiro 29 de maio, agás no apartado de distribución (para os espectáculos estreados dende hoxe, a data límite sitúase 15 días antes da celebración da primeira das súas funcións e, en todo caso, antes do 15 de novembro) e na liña de apoio ao estudo e á investigación (31 de outubro para ásaxudas ao estudo e 29 de maio para a investigación).