Letras Galegas.- O Concello da Coruña ofrece mañá unha recepción institucional para celebrar a data instaurada pola RAG

Actualizado: lunes, 15 mayo 2006 22:09

A CORUÑA, 15 May. (EUROPA PRESS) -

O Concello da Coruña celebrará mañá unha recepción institucional na sede da Fundación Luis Seoane con motivo do Día das Letras Galegas, que se conmemora desde 1963 cando foi instaurada a data pola Real Academia Galega (RAG).

Na recepción, que comenzará ás 20.00 horas, estarán convidados representantes de distintos sectores da cidade, entre eles a propia xunta directiva da RAG. Durante o acto, farase un recordatorio de poemas de Luis Seoane. Ademais, o concello herculino encargouse da publicación dunha edición facsímil deste artista galego.

Os actos rematarán con actuacións musicais. En concreto, actuarán Susana Seivane, a partir das 20.30 horas, e o grupo coruñés ¡Viva la Leche!, a partir das 22.30 horas. As dúas actuacións teñen o denominador común de reelaborar a música e a tradición na composición galega, ainda que con enfoques e posta en escea diferentes.

Por outra banda, como cada ano, a Biblioteca Municipal de Estudios Locais súmase aos actos de homenaxe do Día das Letras Galegas coa elaboración dunha guía de lectura sobre a figura protagonista neste ano 2006, o histórico galeguista Manuel Lugrís Freire.