Letras Galegas.- Louzán destaca o compromiso da Deputación de Pontevedra co galego y a importancia do Arquivo Musical

Actualizado: martes, 16 mayo 2006 21:02

PONTEVEDRA, 16 May. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou hoxe o compromiso desta institución coa cultura galega e fixo fincapé na importancia que para a recuperación do patrimonio musical ten a creación do Arquivo Musical, que xa leva catalogadas 3.000 pezas.

Asemade, co gaio da celebración mañá do Día das Letras Galegas, Louzán lembrou que o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da institución que preside publicou o ano pasado 50 libros en galego e, no que vai deste ano, presentou sete e ten pendentes de dar a coñoecer otros 15.

Asemade, a Deputación incrementou a súa hemeroteca co valeirado dos artigos das 250 revistas máis importantes de Galicia, catalogou e informatizou máis de 10.000 imaxes da provincia e adquiríu exemplares como o orixinal do mapa de Domingo Fontán 'Carta geométrica de Galicia', o traballo cartográfico máis importante do século XIX.

No eido audiovisual, Louzán relatou a recuperación de 2.100 tarxetas postais e de máis de 8.000 fotos antigas da provincia. Asemade, indicou que a Deputación prepara un convenio coa Escola de Imaxe e Son da Coruña para catalogar as obras dos xoves creadores galegos, nun arquivo que na actualidade xa recolle a obra de 200 artistas.

Louzán destacou a participación de 782 asociacións, formadas por 19.857 persoas, nas actividades culturais da Deputación de Pontevedra a través do Plano Cultural, así como o convenio firmado coa asociación de Editores Galegos polo que o organismo provincial adquire 318 libros a editoriais como A Nosa Terra, do Cumio, Xerais, Ir Indo ou Galaxia, entre outras. O Servizo de Cultura da Deputación pontevedresa conta cun orzamento de cino millóns de euros.