Letras Galegas.- Unha nova revista difundiará novidades e información sobre o libro galego e a lectura

Actualizado: martes, 16 mayo 2006 22:31

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 May. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Cultura botará a andar mañá, no Día das Letras Galegas, un novo proxecto para dar a coñecer e promover o libro galego e a lectura. 'Praza das letras', servirá como referencia da actualidade, información útil e análise sobre o sector do libro. Según sinalou esta consellería nun comunicado, 'Praza das letras' tamén terá a súa versión na rede e acollerá as actividades e novidades relacionadas coa lectura en Galicia. A revista conta con seccións de análise e de noticias breves, nas que figurarán contidos relacionados con novidades editoriais e tamén sobre diversos enfoques para achegarse á lectura e ao libro en galego.

Tamén inclúe información útil sobre recursos en Internet; así como unha sección que recolle os perfís de persoeiros da cultura. Neste primeiro número, a revista presenta entrevistas á conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e ao ilustrador Kiko da Silva. 'Praza das letras' distribuirase en bibliotecas, librerías, colexios, feiras do libro e, neste primeiro número que coincide co Día das Letras Galegas, nas rúas de Santiago de Compostela.

No seu primeiro número, inclúe un especial informativo sobre a figura de Manuel Lugrís Freire, o homenaxeado na edición deste ano. Outros temas que se tratan neste número son a Lei do Libro, que entrará en breve no Parlamento, así como os libros relacionados coa recuperación da memoria.