Un libro recolle as referencias a Santiago na obra literaria de Eugenio Granell

Actualizado: jueves, 16 marzo 2006 21:33

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Mar. (EUROPA PRESS) -

O libro 'Memorias de Compostela. Visión orlada de estrellas, islas, árboles y antorchas' recolle a obra literaria de Eugenio Granell onde evoca á cidade de Santiago, que lle serviu de marco á súa infancia e adolescencia.

Esta publicación, que constitue ás memorias composteláns de Granell, sae do prelo coa axuda dos arquitectos Xerardo Estévez e Celestino Garcia Braña.

'Memorias de Compostela' contén a evolución de Granell en Santiago de Compostela e ilustra con tintes agarimosos os seus primeros anos. Amosan a un Granell singular e irrepetible, anticipo de todo o que o surrealismo ten de compromiso coa modernidade máis radical e coa búsca dunha expresión poética e artística dunha fonda raizame popular.

Na obra, Santiago de Compostela amósase como fructífero escenario dos seus fantásticos xogos, impregnados da imaxinación e a creatividade connatural a un neno, creatividade infantil moi valorada por Granell.