Máis do 2% dos centros de infantil das sete cidades galegas impartirán en galego unha liña educativa

Actualizado: miércoles, 30 agosto 2006 20:34

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Ago. (EUROPA PRESS) -

O 2,28% dos centros de infantil das cidades galegas impartirán íntegramente en galego as clases nunha liña educativa, xa que só hai sete centros incluidos no plan piloto da Xunta neste senso, cando o conxunto de centros de infantil nas catro provincias galegas ascende a 307, según datos aportados hoxe pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Así o subliñou a Mesa nun comunicado de prensa sobre os usos da lingua ante o anuncio da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, de que 16 centros de toda Galicia impartirán este curso unha liña educativa en galego, que abranguerá a 800 escolares de 3 a 5 anos.

Outro dos datos máis relevantes destacados polo citado colectivo céntrase en que case o 98% dos centros infantís das cidades galegas "continuarán a minimizar o galego no novo curso escolar, precisamente onde o nivel de galegofalantes é menor".

A Mesa considerou que este novo programa do departamento autonómico "non cumpre" os consensos existentes sobre o proceso de normalización lingüística, nin do tratado internacional denominado 'Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias'.

Asimesmo, destacou que o número de casos de galegofalantes de centros que participarán na experiencia pioneira "é maioritario", polo que a súa inclusión neste proxecto "non supón ningún adianto", senon "un esforzo propagandístico" da consellería, coa finalidade de "encubrir o seu desinterese" de estender o galego como vehículo de ensino.