A Mesa aclara ás academias de preparación de oposicións para a Xunta que os cuestionarios tipo test serán en galego

Actualizado: miércoles, 25 enero 2006 20:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Mesa pola Normalización Lingüística remitiu a todas as academias de preparación de oposicións un documento informativo para aclarar as dúbidas en torno as probas de acceso aos corpos funcionarios que serán en galego. Nesta información, a Mesa recordou que a Xunta estableceu os cuestionarios tipo test das oposicións para auxiliares (grupo D) e subalternos (E) nesta lingua para cumprir, segundo palabras do propio presidente, Emilio Pérez Touriño, co Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado durante o Goberno do PP e co apoio unánime de PSOE e BNG.

Co documento, a organización pretende que a cidadanía directamente afectada por esta medida coñeza, sen prexuízos, as razóns e as dimensións desta medida; una decisión pola que varios centros xa se puxeron en contacto coa Mesa para agradecer a información.

Ademáis, enviou unha carta para dar os parabéns por esta decisión ao presidente e ao vicepresidente da Xunta, así como ao conselleiro de Presidencia e á Secretaria Xeral de Política Lingüística.