A Mesa acusa ao Ministerio de Cultura de amosar a súa "ignorancia" na denominación dunha campaña de animación á lectura

Actualizado: jueves, 3 agosto 2006 20:23

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Mesa pola Normalización Lingüística acusou hoxe ao Ministerio de Cutura de realizar "unha mostra da súa ingnoracia" ao denominar unha campaña de animación á lectura que se desenvolve en praias de Galicia e non respetar a lexislación vixente.

Segundo apuntou nun comunicado a secretaria xeral da Mesa, María Xosé Jamardo, resulta desconcertante que o propio Ministerio "sexa cómplice do incrumpiemento" da lexilación vixente e utilice nas súas campañas "topónimos deturpados".

Asemade, Jamardo elevou á protesta á Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), que colaborou nesta iniciativa, xa que "constitúe un mal exemplo" para os lectores galegos e "n mal plan" de fomento desta actividade, engadiu.

Así, a Mesa recordou que, nos lema da campaña 'Sherlock Holmes veranea en San Xenxo'; e nas denominación de 'La Lanzada' e 'La Coruña'; reflíctese "o incumprimento" da norma sobre a toponimia "unha vez máis", polo que instan aos promotores desta iniciativa a cumprir coa lexislación e a "interesarse de forma efectiva" pola cultura galega.