A Mesa pola Normalización Lingüística espera do novo alcalde da Coruña unha actitude menos "belixerante" co galego

Actualizado: viernes, 17 febrero 2006 19:26

A CORUÑA, 17 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Mesa pola Normalización Lingüística confía en que o sucesor de Francisco Vázquez na Alcaldía da Coruña, o actual primer teniente de alcalde, Javier Losada, teña unha actitude de "menor belixerancia" co galego.

Así o asegurou hoxe a representante da Mesa pola Normalización, Iria Taibo, quen confirmou que solicitarán unha entrevista ao novo alcalde despois da súa toma de posesión.

Iria Taibo indicou que tentarán "abrir un diálogo" co novo rexidor local co fin "de tratar de tranquilizar o ambiente", sinalou en relación as diverxencias entre a Mesa e o actual alcalde, Francisco Vázquez, polo topónimo da cidade.

A representante da Mesa pola Normalización Lingüística realizou estas manifestaciones trala presentación dunha campaña para promover o uso do galego na telefonía móbil. A Mesa impulsou hai un ano esta iniciativa, que hoxe presentou na Coruña.

Na cidade herculina, colaborarán as agrupacións culturais O Facho e Alexandre Bóveda e a Asociación de Veciños Cidade Vella-María Pita, que repartirán dípticos informativos e postais. O obxectivo é que os usuarios da telefonía móbil pidan as súas respectivas compañías que lles remitan as facturas en galego e que teñan a posibilidade de ter teléfonos cos menús neste idioma.