A metade das carreiras con límite de prazas ofertadas pola USC cubriron xa o número de matriculados

Actualizado: miércoles, 9 agosto 2006 20:35

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Ago. (EUROPA PRESS) -

A metade das carreiras con límite de prazas ofertadas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) "están xa cubertas", segundo informou a USC, polo que os estudiantes en lista de espera ou que se examinen de selectividade en setembro non poderán acceder a carreiras como Medicina, Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, tres das titulacións coa nota de entrada máis alta.

Nun comunicado de prensa, a USC sinalou que tampouco quedan prazas para Enfermería, Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas, Enxeñería Química, unha especialidade de Enxeñería Técnica de Obras Públicas e a titulación de Mestre, nas especialidades de Educación Musical, Infantil e Primaria, aínda que as dúas últimas contan con prazas no campus de Lugo.

Para as restantes titulacións sen límite de prazas o periodo de matrícula permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de outubro, e os estudiantes interesados poderán formalizar a matrícula de modo presencial na Unidade de Xestión Académica (UXA), por correo certificado postal ou a través de internet na páxina http://www.usc.es/matricula.

A USC recomenda que os estudiantes empreguen a modalidade de matrícula na rede para evitar a espera e o desprazamento e, ademáis, entre os que se decidan por esta vía, a universidade sorteará a devolución de 20 matrículas, ordenadores portátiles e teléfonos móviles.

Por outra banda, para o proceso de matrícula en titulacións de segundo ciclo con límite de prazas deberán formalizarse as solicitudes antes do 1 de setembro, cunha segunda convocatoria en outubro e outra en marzo. Nos casos de segundos ciclos sen límite de acceso a matrícula poderá formalizarse do 3 ao 21 de outubro e no 2º cuadrimestre dende o 12 de xaneiro ao 3o de marzo.