O museo das peregrinacións celebra mañá o décimo aniversario da súa apertura ao público

Actualizado: miércoles, 1 febrero 2006 20:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Museo das Peregrinacións celebrará mañá o décimo aniversario da súa apertura ao público, en 1996, coa presentación dun libro e un CD que recompilan a música contemporánea á viaxe a Compostela de Cosimo dei Medici no século XVII.

Nun comunicado, esta entidade destacou que "Zarabanda para o Gran Duque", elaborado polo músico e musicólogo Fernando Reyes, é o nome do libro-CD que se presentará en público. Este traballo, editado pola Consellería de Cultura e Deporte, recolle a música da época de Cosimo dei Medici canda a súa viaxe a Compostela en 1669.

O Museo das Peregrinacións, foi reaberto ao público en 1996. Durante estes 10 anos realizáronse unhas 25 exposicións relacionadas coas peregrinacións, a cidade de Santiago de Compostela como meta da peregrinaxe e o patrimonio cultural de Galiza.

Neste tempo arredor de 220.000 persoas visitaron as exposicións do Museo. As propias instalacións son de gran valor arquitectónico xa que contan cunha torre de gótica que data de mediados de XIV e cunha ampliación do século XVIII.