O Museo de Pontevedra adquire ilustracións e manuscritos vinculados a Luís Seoane atopados en Bos Aires

Actualizado: martes, 7 marzo 2006 22:03

PONTEVEDRA, 7 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Museo de Pontevedra vén de adquirir unha coleción de ilustracións, manuscritos e outros obxectos ligados á figura de Luis Seoane que foron atopados en Bos Aires coa que se convirte nunha das institucións con máis fondos do pintor.

Ademais de libros ilustrados por Seoane, a coleción tamén contén fotografías e discos con ilustracións que, na súa totalidade, incorporaranse ao fondo da biblioteca do Museo Provincial destinado a Luis Seoane.

Seoane naceu en Bos Aires en 1910 e faleceu na Coruña en 1979. A súa traxectoria vital abarcou as facetas política, artística e literaria. Trala súa participación na campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia e ao comezar a Guerra Civil en 1936 exiliouse en Bos Aires, onde fundou revistas e editoriais. A súa obra pictórica expúxose en Estados Unidos, Alemaña, Italia e Suíza.