Os alumnos beneficiados do Programa de Inmersión Lingüística comezarán a desprazarse a partir do próximo 28 de xullo

Actualizado: lunes, 17 julio 2006 20:50

Irlanda, Reino Unidos e Francia serán os países de destino dos estudantes galegos

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo pública hoxe a listaxe dos 294 alumnos beneficiados do Programa de Inmersión Lingüística dirixido a estudiantes de 4º de ESO, que viaxarán a partir do día 28 de xullo a Irlanda, Francia e Reino Unido.

Deste xeito, os primeiros grupos, un de francés e outro de inglés, partirán o vindeiro 28 de xullo a Dublín e Bray, en Irlanda, e a Chambery, en Francia. No caso do grupo francés viaxarán 25 alumnos acompañados de dous monitores, mentres que os dous grupos de inglés, cada un con 50 rapaces, contarán con tres monitores por destino. Para estes primeiros grupos, o regreso será o 25 de agosto.

Os seguintes dous grupos partirán o 30 de xullo a Chambery e Burdeos, en Francia. En total, suman 69 alumnos e seis monitores que voltarán entre o 26 e o 27 de agosto.

Por último, dous grupos formados por 50 alumnos e tres monitores cada un partirán cara Swadean e Castle Hill, ambos en Reino Unido, de onde voltarán os días 29 e 30 de agosto.

Os alumnos partirán dos aeroportos de Vigo, Santiago e A Coruña en función do destino e deberán ir provistos de tarxeta sanitaria europea, pasaporte ou DNI con autorización expresa dos pais a desprazarse por Europa.

Con esta iniciativa a Xunta pretende fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras entre o alumnado pertencente a familias con pouca renda dentro da aposta do Goberno galego polas familias e a educación. O investimento ascendeu nesta ocasión a 750.000 euros.

FAMILIAS E RESIDENCIA

Segundo se recolle na convocatoria, os alumnos que viaxen a Irlanda e Reino Unido cursarán estudios entre 15 e 20 horas semanais nun centro docente e a estadía realizarana en familias, mentres que os alumnos que se desplacen a Francia vivirán nunha residencia onde recibirán clase nun centro docente.

As bolsas, ás que optaron arredor de 2.000 rapaces galegos, foron concedidas en función das circunstancias económicas, así como outras condicións familiares como a orfandade ou algún tipo de minusvalía, pertencer a familias numerosas ou monoparentais.