Os concertos de A Coruña e Ourense abren o 'Vía Stellae', o I Festival de Música de Compostela

Actualizado: viernes, 7 julio 2006 21:05

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Jul. (EUROPA PRESS) -

O I Festiva 'Vía Stellae' abrirá as súas portas o vindeiro 12 de xullo na Vía da Prata e no Camiño inglés con sendos concertos en Ourense e A Coruña, que serán o punto de partida dunha serie de actuacións musicais nos diferentes camiños de Santiago.

Os seis concertos que se celebrarán no Camiño Inglés darán comezo ese día no Teatro Rosalía da Coruña por parte da prestixiosa agrupación Al Ayre Español dirixida polo aragonés Eduardo López Banzo. O seguinte concerto na cidade herculina, e último do festival, terá lugar o venres 28 de xullo no mesmo esceario coa actuación de Gil Incogniti.

Xa están á venda as entradas para os concertos da Coruña na web www.caixagalicia.es, no servicio telefónico de venda de entradas de Caixa Galicia e no despacho de billetes da Praza de Ourense.

Os concertos que se celebrarán en Ferrol os días 18 e 20 de xullo serán de entrada libre ata completar a capacidade dos locais. Na Concatedral de San Xiao, o martes 18, terá o lugar da mezzosoprano Marta Infante, e o día 20 o Centro Cultural Torrente Ballester acollerá a actuación do Cuarteto Klavier.

A outra cidade do Camiño Inglés que contará con actividades do festival será Betanzos, que acollerá na Aula Cultural do Edificio Liceo o concerto da Camerata Quiodi o día 21, nun acto homenaxe a Mozart coincidindo co 250 aniversario do compositor. A igrexa de San Francisco da mesma localidade contará o venres 26 co grupo de música antiga galego Resonet.

OS CONCERTOS DA VÍA DA PRATA

Pola súa banda, a Vía da Prata acollerá catro concertos do 'Vía Stellae', nas localidades de Ourense e Allariz. O primeiro, que se celebrará o 12 de xullo no Teatro Principal de Ourense, consistirá nunha mostra de música medieval a cargo do prestixioso grupo The Dufay Collective. O mércores 19 o Auditorio Municipal de Ourense acollerá unha das actividades adicadas a Mozart coa actuación da Camerata Quiodi, formada por dez membros da Real Filharmonía.

Os dous concertos que que terán lugar en Allariz serán o sábado 15 e o martes 25 na Casa da Cultura e na Igrexa de Santiago, respectivamente. Os artistas invitados nesta ocasión serán o Tríom de Compostela na primeira cita, para seguir conmemorando o 250 aniversario de mozart, e os artistas galegos José Enrique Pedrosa e Fernando Reyes para pechar os actos de Allariz.