Os sintonizadores de televisión dixital terrestre estarán dispoñibles no mercado en lingua galega a partir do verán

Actualizado: sábado, 22 abril 2006 16:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Abr. (EUROPA PRESS) -

Os sintonizadores de televisión dixital terrestre (TDT) estarán no mercado en lingua galega a partir deste verán, en virtude do traballo de asesoramento lingüístico que está a ofrecer a Secretaría Xeral de Normalización Lingüística para a traducción dos menús destes aparellos.

Deste xeito, a Xunta atende un dos sectores transversais do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, como é o das novas tecnoloxías. O obxectivo é acadar unha oferta ampla e competitiva de productos e recursos informáticos e o fomento de novas técnicas que aseguren a presenza do galego nos sistemas más avanzados da vida actual.

Nesta liña por defender a lingua, a Secretaría Xeral desenvolve diariamente tarefas de tradución e corrección de diverso material para ONG's, colexios profesionais, notarías, cámaras de comercio ou mesmo para os propios organismos da Administración autonómica.

Asimesmo, está a traballar na promoción do uso correcto dos topónimos no ámbito da comunicación pública e resolve todo tipo de consultas sobre dereitos e deberes lingüísticos.