Pesca.- O bonito capturado pola frota de Burela (Lugo) estará identificado cunha etiqueta para revalorizarlo

Actualizado: martes, 27 junio 2006 18:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Jun. (EUROPA PRESS) -

Unha etiqueta idenitifacará o bonito que foi capturado de xeito artesanal pola frota de Burela (Lugo), segundo un convenio asinado hoxe pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e os armadores co fin de revalorizar o produto e grantizar a trazabilidade na comercialización.

A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Asociación de Armadores de Burela (ABSA) para introducir un sistema de etiquetaxe a bordo das embarcacións pesqueiras, que garantice a identificación e a trazabilidade na comercialización do bonito pescado de xeito artesanal.

Segundo este acordo, Pesca ten previsto investir nesta iniciativa ata 24.000 euros, que serán cofinanciados con fondos europeos. O departamento que dirixe Carmen Gallego entende que son necesarias novas canles de comercialización para que se consolide a presenza desta especie nos distintos mercados e se fomente a súa revalorización.

Así, considera que a introdución deste sistema de etiquetaxe dende o propio momento da pesca garantirá a trazabilidade dun produto especialmente demandado polos consumidores dada a súa alta calidade.

ABSA será a encargada de implantar as etiquetas a bordo das embarcacións, identificando as capturas dos buques que actúan de maneira responsable co medio ambiente, desenvolvendo unha pesqueiría tradicional por medio métodos artesanais como a cacea ou ocurricán. Asimesmo, a asociación de armadores outorgará a cada barco que efectúe descargas no porto de Burela un código numérico que permita identificar no mercado a trazabilidade do produto.

A posta en marcha desta medida inclúese dentro das prioridades da Consellería de Pesca en materia de comercialización e distribución dos produtos do mar, xa que o distintivo persegue darlle un valor engadido ao bonito capturado pola frota de Burela.

Finalmente, o documento asinado hoxe terá vixencia ata o vindeiro 15 de decembro do 2006 e prevé a creación dunha Comisión de Seguimento, que estará composta polo director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, Manuel Cabirta, e o director dos armadores burelenses, Ángel Fernández.