O pleno do Consello Social da USC abordará hoxe a aprobación das taxas dos cursos de posgrado e as tarifas de aloxamento

Actualizado: martes, 6 junio 2006 11:39

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Jun. (EUROPA PRESS) -

O pleno do Consello Social da Universidade de Santiago (USC) someterá hoxe a aprobación, entre outros asuntos, as taxas dos cursos de posgrao, e as tarifas de prazas de aloxamento no Sistema Universitario de Residencias para o vindeiro curso e as da Escola Infantil 'Breogán'.

Na xuntanza trataranse, ademais, os informes sobre o proxecto de Convenio Colectivo do Persoal Docente e Investigador laboral do Sistema Universitario de Galicia e sobre as prazas de profesorado no que atinxe á modificación da Relación de Postos de Traballo do PDI.

O pleno do Consello Social da USC reunirase hoxe a partir das 17.00 horas no Salón de Plenos da Casa da Concha, situada no número 1 da Rúa da Conga.