Pontevedra lembrará o vindeiro martes ao presidente da Aula Castelao de Filosofía, falecido o pasado luns

Actualizado: sábado, 24 junio 2006 18:04

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jun. (EUROPA PRESS) -

A praza do Teucro de Pontevedra acollerá o vindeiro martes un acto cívico solidario en memoria do presidente-coordinador da Aula Castelao de Filosofía, Fernándo Pérez López, que faleceu inesperadamente o pasado 19 de xuño.

O acto comezará ás 20.00 horas e contará coa presenza de alumnos do finado, familiares, amigos e compañeiros dos diferentes colectivos aos que pertenecía e nos que traballaba.

Participarán no acto membros da Aula Castelao, Redes Escarlata, APDR, Galiza por Palestina, Amigos de Cuba e Bases Democráticas Galegas. Así mesmo, varios poetas das Redes Escarlata lerán poemas en lembranza do compañeiro falecido.

Haberá tamén actuacións musicais, maxia e a lectura do discurso que Fernando Pérez redactou con motivo da concesión do Pedrón de Ouro 2006 á Aula Castelao de Filosofía.