Presidencia xa ten preparado o dispositivo preciso para as oposicións de auxiliar e subalterno desta fin de semana

Actualizado: miércoles, 28 junio 2006 22:34

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Presidencia xa ten preparado o dispositivo preciso para as oposición de auxiliar (Grupo D) e subalterno (Grupo E) desta fin de semana, que se celebrarán no Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra). A Xunta de Galicia prevé que participen preto de 24.000 aspirantes.

Segundo informou a Dirección Xeral de Función Pública, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Xunta de Galicia ten previsto cubrir un total de 227 prazas mediante estes procesos para ingresar no grupo D e E. Estas vacantes estarán distribuídas do seguinte xeito: 117 prazas do corpo auxiliar polo sistema de acceso libre, 40 prazas do corpo auxiliar polo sistema de promoción interna, 70 prazas do corpo subalterno polo sistema de acceso libre.

As primeiras probas, que terán lugar o sábado, estarán destinadas aos aspirantes ao corpo auxiliar polo sistema de acceso libre. O día seguinte levaranse a cabo as probas para os opositores ao corpo de subalterno e ao corpo auxiliar mediante promoción interna. A hora de comezo das mesmas será ás dez da mañá. Nas citadas probas esta previsto que participen preto de 24.000 aspirantes (11.943 no grupo D e 11.773 no grupo E).