A profesora Saskia Sassen afirma que os emigrantes son parte dunha "vangarda"

Actualizado: sábado, 15 julio 2006 18:19

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Jul. (EUROPA PRESS) -

A profesora e espcialista en asuntos urbanos Saskia Sassen subliñou hoxe nunha conferencia celebrada en Pontevedra o papel actual dos emigrantes como parte dunha "vangarda" ao tempo que lembrou que este fenómeno "constitúe un fenómeno novo en cada época".

A conferencia de hoxe forma parte da 29 edición da Bienal de Arte de Pontevedra, organizda polo Museo de Pontevedra, que baixo o título 'Off/Fóra: Movementos imaxinarios entre Galicia e o cono Sur' promove o diálogo entre artistas galegos e de Arxentina, Chile e Uruguai en torno á cuestión da emigración.

Ao respecto, Sassen afirmou que un emigrante é "unha vangarda" porque "detrás de cada persoa existe unha historia familiar modesta, pero sempre a idea de que viaxan a outro país para cambiar algo na súa vida e no mundo".

Nese senso, recalcou que os emigrantes "equivócanse cando pensan que viaxan a un país para mellorar a súa situación personal, posto que ademais disto forman parte dun proceso que logra crear un debate político e contribúe a escribir a historia do periodo contemporáneo".

No caso concreto dos inmigrantes que morren nas súas viaxes, aseguro que, aínda que "no primeiro momento simplemente son unha cifra numérica", co tempo "esas mortes comezan a pesar e a formar parte da historia, alcanzando un poder que no seu momento non tiveron".

Así, lembrou que esas personas falecidos foron quen de unir a dirixentes de países receptores e emisoras, "unha situación que levaba 20 anos sen producirse".

Finalmente, sinalou que o feito de emigración trocou conceptos como nacionalismo e desnacionalización. "Existen persoas hoxe en día con dobres e triples nacionalidades e este feito está a desestabilizar a noción de nacionalismo".