Publicada a resolución que regula os permisos para que o alumnado maior de 16 anos poida saír do centro

Publicado: viernes, 23 octubre 2020 19:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Oct. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a resolución que regulará os permisos para que os centros poidan autorizar a saída de parte do alumnado maior de 16 anos do recinto escolar, co fin de evitar aglomeracións durante os recreos e os descansos.

O obxectivo, segundo indica as instrucións, é favorecer a actividade en espazos abertos e exteriores para poder cumprir as medidas de seguridade ante a COVID-19 de modo adecuado, do mesmo xeito que outorgar unha maior responsabilidade aos estudantes adolescentes para extremar o coidado e a seguridade.

Esta medida foi decidida na reunión do comité educativo do pasado 25 de setembro, e en todo caso está suxeita a diversos pasos e autorizacións previas.

En primeiro lugar, o permiso estará limitado a ensinos non obrigatorios e sempre suxeito a autorización previa dos proxenitores ou titores legais.

Así mesmo, os mozos deberán comprometerse a manter a medida de seguridade previstas nos protocolos e recomendacións sanitarias, ademais de retornar á actividade lectiva "en tempo e ordenadamente", evitando situacións de aglomeración.

O centro terá que formalizar unha solicitude expresa do permiso, desde a propia dirección, á xefatura territorial correspondente, trala aprobación da proposta por parte do consello escolar.

Leer más acerca de: