Quintana asiste mañá á presentación da Fundación Vía Galego, promovida pola Mesa para estreitar lazos lingüísticos

Actualizado: lunes, 24 abril 2006 20:15

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

El vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, asistirá mañá á presentación da Fundación Vía Galego, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística co obxectivo de impulsar o achegamento e facilitar a circulación cultural entre os países do sistema lingüístico galego-portugués.

Ademais de Quintana, na presentación tamén intervirán algúns dos membros do padroado, que darán cota dos trazos xerais da nova organización, que aboga polo fomento da relación cultural de Galiza con Brasil, Portugal e os outros territorios de lingua portuguesa e coas colectividades emigradas e outras relacionadas con este sistema lingüístico.

Para elo, a Fundación apoiará as organizacións, grupos, colectivos e institucións que traballan pola normalización do galego nos lugares de Extremadura de lingua galega e nas franxas das comunidades asturiana e castelán-leonesa.

Según a Mesa, o propósito principal é o de ser un "lugar de encontro" das organizacións que traballan a favor da normalización lingüística e do encontro cultural dos países do sistema lingüístico galego-portugués.

PARTICIPANTES

Así, outros participantes na xornada de mañá serán o propio presidente da Mesa, Carlos Callón, María Xosé Jamardo, Enrique Sáez Ponte, Quico Cadaval e Xavier Alcalá. Tamén son membros do Padroado da Fundación Via Galego Xavier Vence, Bernardo Penabade, Pilar García Negro, Miguel Barros, Carmen González Boo, Susana Romero e Fátima Braña.

Para a fundación, a carencia de relacións culturais de Galiza cos outros países do sistema lingüístico galego-portugués e "alarmante", especialmente porque se trata dunha situación que variou pouco nas últimas décadas e que é superada a estas alturas pola interrelación do mundo empresarial --o intercambio comercial entre Galiza e Portugal multiplicouse por 200 nos últimos 20 anos--.

Por iso, a Fundación non só proxectará unha nova liña de traballo en relación ao Brasil, Portugal e todo o que iso significa, senón tamén concibindo a acción social da lingua como propicia á influencia, á comunicación e sobre todo á suxestión, fundamental para integrar forzas e esforzos actualmente dispersos, tanto no referente ás relacións cos países de lingua portuguesa como na práctica normalizadora.