A revista 'Musiqueando' divulgará o traballo da Escola Municipal de Música e Danza e da Banda Municipal de Ribadeo

Actualizado: sábado, 15 abril 2006 19:44

LUGO, 15 Abr. (EUROPA PRESS) -

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) e a Banda Municipal de Ribadeo (Lugo) presentaron hoxe a súa revista oficial, 'Musiqueando', froito dun convenio de colaboración entre a Asociación Amadores da Música, a EMMeD e a Concellaría de Cultura, que divulgará o traballo destes colectivos.

Os responsables da publicación explicaron que a revista ten por obxecto divulgar o traballo realizado pola Escola e a Banda, así como outros proxectos musicais do entorno, como un campamento musical de verán ou unha viaxe a Ponteareas da banda infantil da escola.

Asemade, indicaron que traballan para implicar na revista ao resto de colectivos musicais da vila lucense, co fin de dar a coñecer o seu traballo a través de entrevistas, reportaxes e colaboracións. A publicación terá unha periodicidade semanal e sairá cunha tirada inicial duns mil exemplares.