Rubén Cela afirma que a mocidade é "o segmento de idade máis favorable" á reforma do Estatuto de Galicia

Actualizado: viernes, 26 mayo 2006 20:46

PONTEVEDRA, 26 May. (EUROPA PRESS) -

O Secretario Xeral de Xuventude da Xunta, Rubén Cela, considerou hoxe que "a mocidade é o segmento de idade máis favorable" a unha reforma do Estatuto de Galicia "e unhas maiores cotas de autogoberno", engadindo que "a xente nova está disposta a opinar" e que valora como "positivo que non sexamos politicamente menores de idade".

Rubén Cela concretou que esa franxa de idade circunscríbese á "xente nova que non participou nos procesos da Constitución e do Estatuto do 81 e que poden opinar por primeira vez". Momentos antes de participar en Pontevedra nunha charla sobre a reforma do Estatuto de Galicia, o secretario xeral de Mocidade calificou de "contradictorio" o grao de interese que percibe na xente nova sobre esta cuestión.

"Non está o suficientemente informada", sinalou Cela, quen criticou que "se intenta frivolizar o debate vendendo a idea desafortunada de que o Estatuto non lle interesa á xente porque é un debate político de grandes alturas".

Cela lembrou que o BNG é "a única organización política que ten unha proposta por escrito" acerca da reforma estatutaria e augurou que sería "decepcionante" que quede "nun debate político nunha comisión en vez de ser un debate social".