Rural.- Medio Rural organiza en Arbo unha xornada de formación vitivinícola para profesionais do sector

Actualizado: sábado, 15 julio 2006 18:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería de Medio Rural, realizará o martes 18 de xullo unha xornada de formación gratuita dobre castes transfronteirizas, dirixida a profesionais do sector na localidade pontevedresa de Arbo.

O curso, enmarcado no proyecto 'Simbiose', contará coa presenza do jefe de sección de Viticultura do Evega, Francisco Rego; e do técnico da Comisión Vitivinícola de 'Tras os Montes', Manuel Cruz, que abrirán a xornada cunha conferencia introductoria. A continuación haberá unha charla sobre fermentación de viños tintos para pasar á sección de proba, impartida polo profesor da Universidade da Rioja, Antonio Palacios.

Tras o xantar, celebrarase unha cata de viños tintos elaborados con diferentes castes transfronteirizas e outra de tintos galegos con denominación de orixe elaborados en madeira, que serán ofrecidas e comentadas por Manuel Cruz e Antonio Palacios.

Os interesados poden anotarse ata o domingo 16 enviando os datos por correo electrónico a evegadir@cesga.es ou por fax ó 988 488 191. Para esta xuntanza disponse de 40 prazas que se cubrirán por orde de inscrición co criterio de primar a participación de diferentes técnicos das adegas de denominacións de orixe recollidas no proxecto.