O sector do libro galego asiste á principal feira internacional de literatura infantil e xuvenil

Actualizado: jueves, 23 marzo 2006 22:33

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Cultura e Deporte promoverá a creación galega NA Feira do libro Infantil e Xuvenil de Bolonia, a máis importante no mundo neste tipo de literatura. A dita feira, que comezará o luns día 27, asistirá unha delegación do sector do libro galego especializado neste tipo de creación literaria.

Entre o 27 e o 30 de marzo, editoriais, ilustradores, creadores, distribuidores e demais actores relacionados co mundo da literatura infantil e xuvenil citaranse en Bolonia no que é o principal evento internacional neste eido, segundo informou nun comunicado a Consellería de Cultura e Deporte.

O departamento que dirixe a nacionalsta Ánxela Bugallo montará un stand de exposición no que tamén hai espazo para a celebración de reunións. Precisamente, un dos obxectivos da asistencia ás feiras é facilitar o establecemento de contactos entre profesionais do sector para fortalecer a presenza galega no exterior e, asemade, que o mercado galego poida ter acceso ás obras internacionais de creación recente.

A delegación galega consta de representantes da Asociación Galega de Editores, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e o VII Salón do libro de Pontevedra. A Consellería contribúe economicamente para facilitar a súa presenza na Feira e con diverso material de promoción.

Deste xeito, Cultura elaborou unha catálogo en papel e en soporte informático que, co nome de Children's books from Galicia, recolle o labor realizado no noso país. Por outra banda, distribuirase un DVD que recolle a exposición Plantando libros.