O Sergas oferta en xuño preto de 500 postos de atención urxente de primaria, dos que 293 son de médicos de familia

Actualizado: miércoles, 31 mayo 2006 21:42

Do total de postos ofertados, 187 de médico de familia e 137 de enfermaría son de nova creación

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 May. (EUROPA PRESS) -

O Servizo Galego de Saúde oferta no mes de xuño un total de 496 postos de traballo -293 de médicos de familia e 203 de enfermería- en diversos Puntos de Atención Continuada (PAC) das áreas sanitarias do Sergas.

Do total dos ofertados, 187 postos de médicos de familia e 137 de enfermaría son de nova creación. Por provincias, a A Coruña correspóndelle 78 profesionais, 78 facultativos e 57 de enfermería; a Lugo 105, 54 e 51, respectivamente; a Ourense 101, 70 e 31; e a Pontevedra 155, 91 e 64, segundo informou o Sergas.

Dos case 500 postos de traballo ofertados, 176 de médicos de familia e 131 de enfermería corresponden as 29 localidades con Puntos de Atención Continuada que estaban pendentes da aplicación das melloras contidas no acordo asinado polo Sergas coas centrais sindicais que representan ao persoal na mesa sectorial. Once postos de médicos e cinco de enfermería son novas prazas que incrementan o cadro de persoal.

Por outra banda, un total de 79 de médicos e 56 de enfermería postos ofertados serán ofertas de vínculos, e aplicaranse as condicións do novo modelo no ano 2007; e, os restantes, correspóndense con vacantes, 27 de médicos de familia e 11 de enfermaría.

Unha vez formalizada a oferta, a través das Xerencias de Atención Primaria e das Direccións Provinciais do Sergas, os novos profesionais incorporaranse aos seus postos de traballo na primeira semana de xuño.

A partir desta data, e por mor das incorporacións previstas, farase efectivo o compromiso de voluntariedade das gardas, que deixarán de ser obrigatorias para todos os profesionais de atención primaria do Sergas. Ademais, e con efectos do mes de maio de 2006, aplicaranse os incrementos de dous euros en gardas de presenza física, e parte proporcional para gardas localizadas, para o persoal facultativo de Atención Primaria e Especializada, e diplomado en enfermería de Atención Primaria.

A Consellería de Sanidade adica 8 millóns de euros a ampliar as prestacións e o emprego nas urxencias do primeiro nivel. De xeito paralelo, nalgúns dos centros mellóranse os horarios e as presenzas dos profesionais, pasando dun horario de asistencia nocturno de 22.00 a 8.00 horas, ampliando a asistencia a horario diurno de 15.00 a 8.00 horas.

ESTABILIDADE LABORAL

A ampliación dos PACs de novo modelo supón unha "importante mellora" na prestación sanitaria, no referente a asistencia nas urxencias da poboación galega; e é unha "clara aposta" por unha política de recursos humanos "orientada á estabilidade e calidade no emprego público en Galicia".

O Sergas implanta, así, de xeito definitivo o novo modelo de Urxencias Extrahospitalarias, que establece un novo deseño de vinculación aos Puntos de Atención Continuada baseado na contratación específica e continuada de persoal para cubrir estes dispositivos asistenciais.

Por conseguinte, as condicións laborais do persoal que está a traballar nesta modalidade asistencial vense melloradas con un nomeamento estrutural. Contémplanse tamén outros aspectos coma o réxime de traballo e condicións retributivas do persoal contratado especificamente para atender esta prestación asistencial. Deste xeito, a nova regulación fixa a xornada efectiva máxima e o seu salario mensual; isto tradúcese "en melloras retributivas e na dispoñibilidade de xornadas laborais reguladas".

En xeral, o novo modelo supón, segundo Sanidade, un "importante avance" nas condicións de traballo dos profesionais médicos e de enfermaría que ata agora desenvolvían a súa labor de xeito discontinuo e con carácter substituto.