O Sergas proporá a Francisco José Pazos como novo xerente da Fundación Hospital Virxe da Xunqueira

Actualizado: lunes, 13 febrero 2006 21:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) proporá o vindeiro mércores 15 ao Padroado da Fundación Hospital Virxe da Xunqueira de Cee o nomeamento de Francisco José Pazos Soto como novo xerente, que exercía ata a actualidade como médico no servizo de Atención Primaria de Ordes (A Coruña).

Francisco José Pazos Soto naceu en Santiago de Compostela no ano 1949, e exerceu como director provincial de Institucións Sanitarias Abertas de Lugo, como xefe de servizo do Servizo de Atención Primaria de Bueu, e como médico do Instituto Social da Mariña. Pazos Soto era médico do Sergas con praza en propiedade por oposición dende 1987.

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Facultade de Medicina de Santiago de Compostela no ano 1982, o novo xerente é doutor en Medicina pola Universidade de Santiago, e especialista en Medicina vía MIR.

Asemade, Pazos Soto ampliou a súa formación con, entre outros moitos, cursos de Xestión e Dirección Sanitaria; de Actualización en Xestión Sanitaria; de Urxencias en Medicina; de Medicina Escolar; de Diagnóstico e Tratamento de Enfermidades Cardiovasculares; ou de Habilidades na relación médico-paciente.