23 de enero de 2021
27 de junio de 2006

O Sgpihom promoverá este ano actividades a prol da igualdade entre homes e mulleres e atenderá ás víctimas de violencia

Publicará dous contos da escritora Adela Turín da colección 'A favor das nenas', coeditatos en galego, catalán e euskera

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (Sgpihom) aprobou hoxe, no pleno do consello que presidiu o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o programa de iniciativas para este ano co que se promoverán distintas actividades para potenciar a igualdade entre mulleres e homes; así como se atentederá ás víctimas de violencia.

Deste modo, este plan do Sgpihom para o presente exercicio inclúe a celebración de xornadas formativas e seminarios, e a posta en marcha de programas conxuntos co obxetivo de promocionar a igualdade e a atención integral ás víctimas de violencia, que se enmarcarán na firma duns 50 convenios de colaboración que este servizo prevé asinar en 2006.

Entre outras iniciativas, celebraranse catro xornadas no segundo semestre de 2006 e desenvolveranse oito xornadas formativas e seminarios, como o encontro sobre bancos de 'Tempos en Galicia', que tendrá lugar a semana próxima e no que se debaterán as fórmulas de xestión do tempo comunitario a establecer no ámbito rural galego.

ENCONTRO DE MULLERES

Ademais, no mes de outubro se celebrará un encontro entre mulleres empresarias, labregas, produtoras e comercializadoras galegas e asturianas que desenvolven a súa actividade no medio rural. Nesta mesma liña, terá lugar un encontro Galicia-Asturias que acollerá a técnicos das casas de acollida.

Asemade, no último trimestre do ano, terá lugar a VII Xornada Galega de Nais e Pais Educando en Igualdade, que abordará a intevención psicolóxica en homes que exercen violencia e, por outra banda, formarán a psicólogos e traballadores sociais que atenden a este colectivo.

Por outra banda, o Servizo Galego de Promoción de Igualdade do Home e da Muller tramita as bases de axudas pra o acceso das mulleres labregas á cotitulariedade de explotacións. Deste xeito, establécese unha fórmula para a integración laboral da muller co obxectivo de estimular a todas as mulleres emprendedoras de Galicia.

Asemade, se aprobaron distintas axudas e subvencións importantes como as destinadas á creación de empresas de intregación laboral da muller, e ao financiamento de programas para o chamado salario da liberdade, que pretenden dotar de autonomía económica ás mulleres vítimas da violencia.

PUBLICACIÓNS

O Sgpihom tamén publicará no segundo semestre de 2006 dous contos da escritora Adela Turín, que pertencen á colección 'A favor das nenas', coeditatos en galego, catalán e euskera.

Ademais, tamén editará o número 3 da colección Estudos, no que se analizará a discriminación de xénero nas universidades galegas e colaborará na elaboración de material didáctico para estudantes de bacherelato sobre As mulleres na filosofía.