O Shostakovich Ensemble actuará os días 18 e 19 de abril no terceiro concerto do ciclo da USC adicado a Mozart

Actualizado: sábado, 15 abril 2006 17:43

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Abr. (EUROPA PRESS) -

O terceiro concerto do ciclo que a Universidade de Santiago (USC), en colaboración coa Deputación de A Coruña, adica a Wolfgang Amadeus Mozart co gallo da celebración do 250 aniversario do seu nacemento, terá lugar o vindeiro martes 18 a partir das 20.30 horas na igrexa da universidade e no Círculo das Artes de Lugo o mércores 19 ás 20.30 horas, con entrada é libre nas dúas citas, nas que actuará Shostakovich Ensemble.

O concerto, terceiro dunha serie de catro actuacións, correrá a cargo do Shostakovich Ensemble cun programa dedicado aos quintetos de corda de Mozart. Deste xeito, no concerto interpretarase o 'Quinteto de cordas nº 1 en si bemol maior K. 174', o 'Quinteto de cordas nº 4 en do menor K. 406' e o 'Quinteto de cordas nº 3 en sol menor k 516'. A agrupación Camerata Quiodi se ocupará o día 2 de maio do cuarto dos concertos programadas pechando o ciclo.

Esta agrupación fundouse en 1998 polos músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, data dende a que teñen actuado a cotío por toda a xeografía galega. No mesmo ano da súa fundación, o Shostakovich Ensemble foi convidado a dar unha xira de concertos en Cataluña, e un ano despois chamado para actuar no Grec de Barcelona, cun programa dedicado a Shostakovich.

No concerto previsto para o vindeiro martes 19, a agrupación está constituída por Vladimir Prjevalski, violín; Carolinne Bournaud, violín; Francisco Miguéns Regozo, viola; Andrei Kevorkov, viola; e David Etheve, violoncello.