O Sindicato de Xornalisas pide á Xunta que presione máis á SEPI para salvar os postos de traballo de RTVE

Actualizado: miércoles, 28 junio 2006 22:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) solicita Ao Goberno Galego que se involucre máis na defensa de Radio Televisión Española en Galicia. Cree que son positivos os esforzos feitos ata agora pola Xunta pero -despois de avaliar as explicacións dadas polo director xeral de Comunicación, Fernando Salgado, o pasado luns no Parlamento- considera estas xestións insuficientes.

O SXG alerta sobre a posibilidade de que as emisións en galego desaparezan por completo da segunda canle de TVE e queden limitadas a Radio 1 no caso de RNE; tal e como transmitiu a directora do Ente, Carmen Cafarell, á Xunta.

O Sindicato rexeita a intención da SEPI de eliminar postos de traballo en Galicia na mesma medida que en Estremadura, Navarra, Aragón o Asturias. Compre lembrar que en Galicia, a diferenza destas autonomías, o Goberno Central ten a obriga de promover un idioma autonómico.

Por outra parte, a organización sindical non comparte as explicacións de Salgado no Parlamento, argumentando que os despedimentos non serán tan traumáticos, xa que afectarían sobre todo ós traballadores de máis idade. A posible pre-xubilación destes traballadores non pode ocultar de ningún xeito o gran paso atrás para a sociedade galega que significaría a desaparición destes postos de traballo, conclúe o SXG.