TURISMO.- O conselleiro de Medio Ambiente lerá o pregón da X Festa da Troita de Oroso (A Coruña)

Actualizado: viernes, 28 abril 2006 21:05

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Abr. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, será o encargado de pronunciar o pregón da X Festa da Troita que se celebra no concello do Oroso (A Coruña) o fin de semana do 6 e 7 de maio, e que se considera un dos acontecementos máis importantes do municipio, no que participan milleiros de persoas.

O ocio e a gastronomía son os protagonistas destes días, en iniciativas coma o Concurso de Pesca, no que poderán participar 40 deportistas --un por coto-- e o III Campeonato de Taekwondo, que levará ata o concello a preto de 300 participantes de diferentes categorías e pertencentes a quince países.

A Festa da Troita naceu con vocación de convertirse en Festa de Interés Turístico Nacional e, para elo, conta cun importante programa de actividades dirixidas a todo tipo de público --dende os máis pequenos aos maiores--.